Crítica dun filme
MATILDA
Ola! Hoxe vóuvos falar dunha película que vin cando era pequena e que aínda agora segue sendo unha das miñas películas favoritas.
- Título: Matilda.
- Título orixinal: Matilda.
- Dirección: Danny DeVito.
- País: Estados Unidos.
- Ano: 1996.
- Duración: 102 minutos.
- Reparto: Mara Wilson, Danny DeVito, Rhea Perlman, Embeth Davidtz, Pam Ferris, Paul Reubens, Tracey Walter, Brian Levinson, Jean Speegle Howard, Sara Magdalin.
- Guión: Nicholas Kazan, Robin Swicord.
- Distribuidora: Sony Pictures.
- Produtora: TriStar Pictures, Jersey Films.
Trátase dunha comedia familiar e fantástica na cal Matilda, a súa protagonista, é unha nena adoptada dende moi pequena, e mentres transcurre o filme, ten sobre 7 anos. Os seus pais non se fan cargo dela xa que dende os 4 anos a deixan soa en casa.
Aínda de que ela non vaia ao colexio, Matilda adora ler, é unha nena moi intelixente e curiosa e aprendeu a defenderse soa dende pequena. Pero despois de moito insistir ao seu pai, logrou ir ao colexio, e dende o primeiro momento, a súa mestra, a señorita Mel, descubriu que Matilda era moito máis intelixente que todos os nenos da súa idade.
Mentres tanto, Matilda descubre que ten poderes, grazas á impotencia e rabia que sente algunhas veces contra a súa familia, xa que esta pensa que é unha nena que non sabe nada da vida. Estos poderes consistían en ser capaz de mover as cousas, aínda que ao comezo lle costara, aprendeu a controlalos.
Pero ademais dos problemas coa súa familia, tamén suceden problemas coa diretora do seu colexio, a señora Trunchbull, que é temida por tódolo colexio por tratar mal aos nenos.
Aínda así, Matilda e a señorita Mel comezan a ter unha boa amizade e a súa mestra chega a contar moitas cousas da súa familia e vida antes de ensinar nun colexio.
Ao final, a diretora Trunchbull logra ser castigada por todo o feito e Matilda é adoptada pola señorita Mel, xa que a súa familia múdase e aínda que tiñan a intención de levarse a Matilda, acceden a deixala coa señorita Mel.
Se pensamos no filme, baixo a súa aparencia de película infantil, esconde unha aguda análise das miserias do mundo adulto cargado de humor negro. O filme céntrase na historia dunha nena ignorada polos seus pais que descobre que ten poderes telequinéticos e pode usalos no seu proveito e o dos seus amigos.
Unha boa mezcla de entretemento, fantasía e crítica social coa que poden disfrutar tanto os nenos como os adultos.
Déixovos por aquí unha ligazón do seu trailer por si vos interesa:
https://www.youtube.com/watch?v=iNa0VTDQsX0

Comentarios
Publicar un comentario