Traxandaina: traxes de garda
TRAXANDAINA
Traxandaina confórmana artesáns que recrean o traxe tradicional galego, traxes aldeáns de garda de finais do século XIX e comezos do XX que puidemos ver na capela de Santa María de Lugo.
A comezos de maio visitamos esta exposición os alumnos de Literatura Universal, onde nos explicaron a recompilación de 25 traxes compostos de prendas orixinais, pezas rescatadas das arcas das fillas, netas e bisnietas daquelas mulleres que gardaban as súas mellores roupas para lucir os días de feira, ir á misa ou “domingar”. Vestimentas de formas, cores, texturas e nomes propios que percorreron un longo camiño ata poder ser rescatadas e exhibidas nesta exposición, para o recoñecemento e posta en valor da cultura galega.

Compleméntanse con pezas de ourivería lucenses, reproducidas en Compostela para a exposición, así como tamén se poden ver pezas de pano sedán que por aquel entón era o máis prezado, ademais de mandís de mostra, aos que se lles dedica un apartado especial de importancia, xa que son considerados exclusivos da provincia de Lugo ; as mantelas ou lensas que cobren a saia e localizados en toda a provincia; os refaixos bordardos a man; camisas de lino de cortes rectos para aproveitar os anchos do tear;...
En resumo, unha exposición espectacular e entretida que todos deberiamos ver, especialmente os mais mozos, porque son cousas interesantes por coñecer da nosa cultura e antepasados. É unha mágoa que o prazo xa rematase pero aquí deixo algunhas fotos sobre a exposición e sempre se pode buscar información na internet, recoméndovolo!
Ata a próxima!

Comentarios
Publicar un comentario